Imaxinatia é unha preciosa tenda que forma parte do comercio local de Lugo. Cando nos visites poderás atoparnos a Menta e á miña. Quen é Menta? Menta é unha perrita, Cocker Spaniel , chea de amor que che saúda ao chegar e á que todo o mundo adora. Tamén poderás vela nas nosas publicacións de redes sociais. Quen é Carmen? Carmen é un cu inquieto e unha motivada da vida á que lle encanta facer felices aos demais.
En imaxinatia tento axudarche a crear o agasallo perfecto, o máis personalizado posible para que lle chifle á persoa á que llo regales. Encántanme os empaquetados bonitos, así que se me dás tempo levarasche un precioso agasallo. Ademais en Imaxinatia dispoñemos dunha ampla gama de produtos que cambiamos continuamente para estar sempre á última. Pero non quedamos aí, a nosa especialidade son os globos. Creamos decoracións marabillosas para os vosos eventos e festas. Podes ver ideas no apartado de Decoración con globos. Se vés ata a nosa tenda poderás engadir globos aos teus agasallos para que sexan máis impresionantes aínda.
Luns
Pechado
Martes a Venres
10:30 - 14:00 / 17:00 - 20:30
Sábado
11:30 - 14:00
Domingo
Pechado
Horario especial de nadal:
Sábados
11:30 - 14:00 / 17:30 – 20:30
Rúa dos Clérigos, local 6, 27001 Lugo
982101583
info@imaxinatia.com
Escanea o código QR co teu Smartphone