Coñécenos

Mar Laurel Cosmética Consciente é unha marca galega de cosmética natural que aúna experiencia sensorial, benestar e emocións positivas. Cosmética de Autor que recolle as miñas vivencias e reflicte a miña enerxía. As distintas creacións da Colección son unha homenaxe a Galicia e ás súas mulleres sabias. Evoca natureza e sinxeleza e implica unha toma de conciencia persoal guiada polas infinitas propiedades dos aceites esenciais, o que a transforma nunha experiencia vivencial en si mesma.

Unha nova forma de relacionarse e experimentar a Natureza nun vínculo especial que esperta os teus sentidos. A miña cosmética conéctache co sentir, algo tan esquecido e necesario como factor humano esencial, máis se cabe despois do vivido en época de confinamento, necesitamos reforzar esa conexión cos sentidos e coa contorna natural. Mar Laurel cosmética consciente está creada coas mans da alma, froito da inspiración e a conexión profunda que sinto co mundo das plantas.

...
...

As miñas formulacións nacen da observación. Están deseñadas seguindo as proporcións divinas que a propia Natureza segue como un cánon natural, para que transformes as túas rutinas de coidado persoal en experiencias sensoriais cargadas de enerxía positiva e harmonía. Os seus aromas transpórtannos á terra e lémbrannos que formamos parte dela nunha simbiose que se mostra como unha experiencia sensorial reveladora. Os aceites esenciais conteñen a esencia pura, a alma das plantas, interactuando coa túa propia esencia, enriquecendo o teu mundo interior estimulado polos ricos aromas que evocan en ti emocións positivas. Convídoche a vivir unha experiencia única… Unha cosmética vivencial.

Mar Laurel Cosmética Consciente está certificada con selos ACENE (Asociación Cosmética Ecolóxica e Natural de España), o cal garante que está a comprar un produto BIO, de orixe natural e vegano. Baixo ningún concepto utilizáronse materias primas testadas en animais.

Visítanos

...

Reservas para rituais previa cita en horario continuado de 10.30
a 20.00 de luns a venres e sábados de 11.00 a 14.00.

...

Contacto

...

Rúa Anduriñas,17, Entresuelo (Centro Teots), 27004 LUGO


...

626569809


...

marlaurellugo@gmail.com



QR

Escanea o código QR co teu Smartphone