Coñécenos

Atópase situado no barrio medieval da cidade, nunha antiga vivenda de arquitectura e distribución tradicional, con amplos muros de pedra, fortes vigas de madeira e cuberta de lousa. Restaurámola mantendo o seu carácter orixinal e deixando á vista os materiais e elementos construtivos que lle confiren ao local a súa atmosfera secular e recia. A ambientación de todas as estancias compleméntase con motivos medievais diversos. O Baixo Medievo –planta baixa– funciona como Cafetín: ambiente tranquilo para a charla cos amigos. No alto Medievo –planta alta– os nosos clientes gozan as noites de festa coa música máis actual e as beberaxes máis suxestivas.

O Rei Sabio deulle rango de Lei á idea de acompañar o bebercio con algo de picar. En Lugo segue sendo de obrigado cumprimento e de carácter gratuíto. A praza do Campo, a rúa Nova, a da Cruz e outras rúas veciñas do Café+Pub Medievo e da Catedral conforman o Roteiro dos Viños lucense. Cada local ofrece as súas especialidades en viños e tapas, e os nosos mesóns e restaurantes teñen merecida fama pola calidade dos produtos locais, a excelencia das súas creacións culinarias e a abundancia das súas racións. Saír de viños é unha forma de vivir que en Lugo practícase todos os días da semana. Xa o dicía Julio César: « Beati Hispani quibus bibere vivere est».

...
...

A cidade de Lugo naceu como acrópole romana, e desta época conserva o seu perímetro amurallado, as termas e a ponte sobre o Miño. Pero tamén o Burgo Medieval atópase disimulado entre as casas, prazas e rúas deste barrio de intramuros. Veciñas do Medievo son varias casas de tipoloxía medieval, algunhas recentemente rehabilitadas, e a nosa xoia románica, a Catedral de Lugo, que comezaron a edificar mestres canteiros do século XII. O magnífico Pantocrátor da súa porta norte é unha das obras mestras da nosa escultura románica. O claustro románico-gótico do antigo convento franciscano hoxe forma parte do Museo de Lugo e é unha dos seus máis valiosas xoias.

Dous locais con terraza, dúas plantas, dous ambientes. Planta Baixo Medievo, ideal para tomarse un café especial, un cóctel ou unha copa tranquilamente, escoitando nosa mellor selección musical de Pop Rock, Indie e 80s. Planta Alto Medievo, ideal para bailar e gozar das túas copas coa música contemporánea máis actual e os grandes éxitos de sempre.

Visítanos

...


Luns a Domingo
19:00 – 5:00

...

Contacto

...

Rúa Catedral, 14, 27001 Lugo


...

982252760


...

medievo@gmail.com



QR

Escanea o código QR co teu Smartphone