Muralla Sport foi fundada en 1996 co propósito de satisfacer as necesidades de equipamento deportivo dos seus clientes. Tenda especialista en multitude de deportes, especializándose nun primeiro momento no tenis e sendo das primeiras tendas na provincia que ofrecía servizo de encordar raquetas. A parte do tenis tamén somos especialistas en running,trekking, fútbol... para isto contamos coas mellores marcas do mercado ( Nike, Adidas, New Balance, Salomon, Asic´ s , Saucony, Skechers ,Converse , etc). Fai xa case un lustro que decidimos seguir crecendo e por iso ampliamos a nosa oferta de produto saltando á moda das Sneakers, mostra diso foi a apertura do primeiro Foot On Mars en España, FoM Lugo.
Con esta variedade de produto quixemos ofrecer a todos os nosos clientes, non só a nivel local, senón tamén a nivel nacional e internacional a posibilidade de facer as súas compras de forma máis sinxela creando o noso portal de venda en liña www.murallasport.com. Aquí poderás atopar todos os nosos produtos e ademais te poderás beneficiar dun -10% na túa primeira compra, primeiro cambio de talla gratis, gastos de envío pagos (compras superiores a 60€), servizo de 24/48 H,atención individualizada. Muralla Sport Twinner é un establecemento situado en Rúa San Marcos, moi ben comunicado coa Praza Santo Domingo e o centro da cidade.
Luns a Venres
10:00 - 13:45 / 16:30 - 20:30
Sábado
10:00 - 14:00 / 17:00 - 20:00
Domingo
Pechado
Rúa San Marcos, 25, 27001 Lugo
677272408
info@murallasport.com
Escanea o código QR co teu Smartphone