Coñécenos

Desde 1969 na cidade de Lugo, España comeza a andaina desta empresa familiar, que dispón de varios negocios dedicados ás Belas Artes.

Nos seus comezos a actividade principal era a artesanía do marco e as Belas Artes, primeiro especializámonos en produtos de pintura para artistas, lenzos estándar e tamén a medida, co paso do tempo os nosos clientes acudían a nós para que lles solucionemos problemas de acceso a material de arte, e foi cando se empezou a ampliación dos nosos servizos.

...
...

No ano 1982 decidímonos a adquirir a galería de arte Nova Rúa, cuxa actividade se centra na promoción da arte contemporáneo nas súas diversas técnicas e tendencias e especializada en artistas galegos e do resto de España. Hoxe en día a nosa galería conta cunha importante colección de obras de arte, e presentou a grandes artistas nacionais e internacionais.

O noso paso ao comercio electrónico foi con novarua.es, con grandes resultados puidemos levar os nosos produtos e a arte ata diversos lugares do noso país, e tamén fóra del. Convidámosche a coñecer as nosas tendas e a galería de arte, esperámosche.

Visítanos

...

Luns a Venres
10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:15
Sábado
10:15 - 14:00
Domingo
Pechado

...

Contacto

...

Rúa Nova, 114, 116, 27001 Lugo


...

982242510


...

correo@novarua.es



QR

Escanea o código QR co teu Smartphone