Da man do chef Pepe Lastra nace o Restaurante Portal 36. Despois dos anos precisos de formación integral na Escola de Hostalería San Javier da Coruña, Pepe Lastra inicia a súa actividade profesional como chef de cociña no restaurante mariscaría Á Brasa da Coruña, labor a cal desenvolvería con éxito durante once anos.
Logo trasladouse a Lugo, onde de novo como chef de cociña estaría vinculado aprendendo e poñendo en práctica os seus coñecementos no Mesón do Canedo, por un período de tres anos .
O vinte de decembro do ano 2013 o Restaurante Portal 36 abre as súas portas con toda a ilusión e o afán de agradar e fidelizar aos seus clientes, compartindo con todos eles a experiencia adquirida e as innovacións que xurdan.
Para iso cada día dámoslle os bos días cun amplo servizo de cafetería, ao mediodía un aperitivo cunhas tapas especiais e selectas, para logo dar paso á comida onde se conxuga o tradicional coa vangarda, acompañado dunha esmerada e extensa carta de viños. Sempre esperando volver verlle de novo.
Luns a Venres
8:00 - 00:00
Sábado
9:00 - 00:00
Domingo
Pechado
Rúa do Progreso, 36, 27001 Lugo
982231878
Escanea o código QR co teu Smartphone