Coñécenos

Paprica é un restaurante da cidade de Lugo, situado no interior da muralla, en pleno centro da cidade.

Conformado por un equipo sempre novo e dinámico. Aprendemos facendo. Viaxamos. Colaboramos. Innovamos traballando e buscamos sempre o mellor equilibrio entre cociña tradicional e moderna. O produto de calidade é o protagonista. Se é ecolóxico, mellor. E se é de proximidade e ecolóxico, está no Paprica seguro. O resultado de todo isto son pratos creativos marcados polas estacións do ano e os produtos locais de calidade. Desde a nosa apertura no 2007 conseguimos xa varios recoñecementos, entre os que podemos destacar a Q de Calidade Turística (primeiro restaurante en obter esta distinción en Lugo) e a mención que, por sorte, renovamos anualmente na Guía Michelín.

...
...

Para acceder ao Restaurante pasarás por diante da Adega e da Cociña na que estaremos, seguro, moi atareados. No Restaurante servimos calquera cousa que se che antolle da nosa oferta.Desde o Restaurante tamén poderás ver a cociña e a Terraza. O espazo dedicado ao Restaurante é unha sala acolledora con decoración moi actual da que nos aproveitamos para poder expoñer de forma frecuente obras de artistas locais.

A Terraza do Paprica encantarache. En pleno centro de Lugo e con vistas á Muralla Romana Patrimonio da Humanidade. É un recuncho ideal para unhas canas con tapeo do noso Bar, para comer ou para cear.

Visítanos

...

Luns
Pechado
Martes
13:30 - 15:30
Mércores e Xoves
13:30 - 15:30 / 21:00 - 22:45
Venres e Sábado
13:30 - 15:30 / 21:00 - 23:30
Domingo
13:30 – 15:30

...

Contacto

...

Rúa das Nóreas, 10, 27001 Lugo


...

982255824


...

info@paprica.es



QR

Escanea o código QR co teu Smartphone