Somos unha pequena zapatería, fresca, alegre e divertida situada no centro de Lugo, na Praza do Campo Castelo.Ofrecemos calzado infantil desde o nº15 ao 40, traballamos o último en moda sen descoidar a calidade xa que o 90% dos nosos produtos son fabricados ao 100% en España. Diferenciámonos por unha atención próxima e personalizada, nos esmeramos en satisfacer as necesidades do cliente.
A nosa tenda en liña está realizada por nós, co cal, atopardes unha chea de imperfeccións, porque queremos ofrecer fotos reais, sen retoques e lograr transmitir a mesma esencia que cando ides comprar á tenda física, esa esencia que se perde diante dunha pantalla, esa esencia da tenda de barrio, próxima e campechana. Eses... somos nós!! As fotos son dos nosos nenos, os que trotan día a día os nosos zapatos para poñelos a proba de bomba.
Este é un proxecto feito con moito mimo e esforzo, polo que nos gustaría animarvos a que visitásedes a tenda en liña e comentásedesnos que é o que máis vos gusta, así como se tedes algunha suxerencia que facernos para poder mellorar. Podedes deixarnos os vosos comentarios en info@pekeslugo.com. Para os que non a coñezades, na nosa tenda física dispoñemos dunha zona de xogos para que ir de compras non sexa nin aburrido, nin un rolo. En Pekes non só poderás atopar calzado, tamén dispoñemos dunha serie de complementos como calcetíns, artigos para o pelo, chubasqueros, mochilas, paraugas…
Personalizamos certos produtos para que sexan diferentes e tamén dispoñemos dalgúns modelos para crear un MINI EU así poderán ir as mamis en conxunto cos seus niñ@s.
Luns a Venres
10:00 - 14:00 / 17:00 - 20:30
Sábado
10:00 - 14:00 / 17:00 - 20:00
Domingo
Pechado
Praza do Campo Castelo, nº 15, 27001 Lugo
982872869
pekeslugo@outlook.es
Escanea o código QR co teu Smartphone