Coñécenos

A nosa tenda comezou a súa actividade no ano 1967 na mesma localización actual de Rúa Nova 35, sendo desde sempre taller de afiados e baleirados, cuchillería e cerrajería. Hoxe traballamos no mesmo local, reformado e ampliado coa anexión do local contiguo.

O servizo de cerrajería 24 horas púxose en marcha no ano 1975 para aperturas de portas, cambios ou reparación de fechaduras de vivenda, caixas fortes, autos e un longo etcétera. O que non cambiamos desde o primeiro día son os fins. Non esperamos dos nosos clientes que acudan á nosa tenda unha vez, senón que volvan cando o necesiten. Como sempre, ofrecemos a mellor cuchillería profesional e doméstica e as mellores marcas, garantindo a maior calidade.

...
...

No noso taller ofrecemos baleirados ou afiados profesionais con maquinaria de última xeración. Dispoñemos neste momento de seis máquinas de copia de chaves coa máis avanzada tecnoloxía por computador, que reproducen a chave orixinal, outorgando a máxima precisión. Así mesmo, temos máquinas especializadas para cada tipo de chave: tubular, cruciforme, fichet, gorjas ou calquera outra chave do mercado. Asesoramento en seguridade, portas blindadas e acoirazadas tamén forman parte do noso servizo. O último servizo que incorporamos foi a cerrajería do automóbil. Pasamos de abrir autos a reparar centrais, carcasas para chaves, mandos a distancia, copia de chave de auto “chips”, alta destas no vehículo e todo o relacionado coa cerrajería do automóbil.

O noso persoal está en formación permanente para o seu labor técnico. 40 anos de experiencia aválannos no noso mercado, que é a provincia de Lugo. Temos dúas tendas asociadas en Lugo que comparten servizos connosco. Agradecemos a fidelidade e a confianza no noso servizo e as críticas, se as houber, que nos axudaron a crecer, xa que a mellora no servizo é o noso fin.

Visítanos

...

Luns a Venres
9:30 - 13:30 / 16:00 - 20:00
Sábado
9:30 - 13:30
Domingo
Pechado

...

Contacto

...

Rúa Nova, 35, 27001 Lugo


...

982228018


...

sequeiroscerrajeros@hotmail.com



QR

Escanea o código QR co teu Smartphone